Sempre

Sempre estiveches aí
En cada pedra de sal
Que caía nas feridas que
Outros fixeron por ti
En calquera outro lugar
Onde eu mendigaba a túa ausencia

E eu quedei aquí
En alta mar
Sen velas nen remos para navegar

Non sei nadar
Non sei sorrir
Non sei como facer para sobrevivir

Só queda naufragar!

Sempre dixeches que si
Que poderías remar
Vento en contra na peor tormenta

Pero quixeches nadar
Cara unha illa fugaz
De deserto, espiñas e de area

Estabamos nós
Eu mirábate a ti
Non tiñamos forza xa para seguir

Quen remará?
Quen se tirará ao mar?
Quen terá a coraxe para continuar?

Quen quere escapar?

Quen quere escapar?

Quen quere escapar?

Quen quere continuar?

Quen quere continuar?



Credits
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link