Nas Sombras

Veñen por min
As sombras que temo
Invádenme
A mente con berros

Recordan que
Non teño na vida
Motivos que fagan
Que loite outro día

Pero
Voume a erguer
Loitarei pra medrar
Facerme forte
Desterra-lo mal
Os berros das sombras
Enmudecerán
Loito
Pero son débil
E perdo a razón
Invádeme o medo
E volvo a caer
Rodéanme as sombras
Xa non podo ver

Átanme os pés
Os lazos das sombras
Suxéitanme as mans
É inútil a loita

Noto a presión
E xa non respiro
Os berros son fortes
Invádeme o frío

Pero
Voume a erguer
Loitarei pra medrar
Facerme forte
Desterra-lo mal
Os berros das sombras
Enmudecerán
Loito
Pero son débil
E perdo a razón
Non é suficiente
Pero son mellor
Rodéanme as sombras
Pero chega o sol

Pouca luz penetrou
Mais limpou a mente
Topei con outro ser
Vivo nas tebras
Xuntos vimo-la luz
Unimo-las forzas
Emerxemos máis fortes
Dende as sombras

Xuntos
Somos mellores
Puidemos medrar
Facernos fortes
Desterra-lo mal
Os berros das sombras
Xa non voltarán
Loito
Xa non son débil
Conservo a razón
Viñeches a min
Pra facerme mellor
Saíndo das sombras
Puiden ve-lo sol



Credits
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link