Regaleiche

Regaleiche unha montaña
e non a quixeches levar.
E ela, parando nubes,
no sitio foi quedar.
E choveu, choveu dos seus ollos,
bágoas que froitos dan
ás casas e xentes do val.
E ti, e ti, e ti.
Regaleiche un río
e non o quixeches quedar.
E el, levando peixe,
seguiu o seu ritmo a levar.
E saíndo das súas augas
os peixes foron dar
ás barcas das xentes do val.
E ti, e ti, e ti.
Regaleiche un feixe de lóstregos
e non os quixeches mirar.
E eles con moito estrondo
fuxiron polo ar.
E parando nas centrais
convertéronse en luz
que quentaba as xentes do val.
E ti, e ti, e ti.
Regaleiche o meu corazón
e si que o quixeches coidar.
E el sentiuse ledo,
dun novo sitio onde estar.
E atopou o teu corazón
e xuntos foron aledar
as festas da xente do val.
E nós, e nós, e nós.



Credits
Writer(s): Fernando Andres Barroso Sanjurjo, Daniel Alonso Iglesias, Jaime Mateo Fernandez, Alejandro Druso Losada Pedrouzo, Arcadio Gonzalez Novoa, Raul Diz Casal, Alvaro Alvarez Rivera
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link