Poñer a vida en proa

Co vento en contra e sen patrón
Ca liberdade no horizonte
Conquistamos o timón

Dunha vella embarcación
E case sen tripulación
Evitamos naufragar

Ca herdanza de quen percorreu estes mares tempo atrás
E a dignidade por bandeira

Saímos a navegar so cun feixe de cancións
Que a historia nunca esquecerá

Poñer a vida en proa
Izar as mans, surcar o mar
Libres ao vento
Xuntas seremos furacán
Remar contra corrente
Nunca houbo medo a naufragar
A arder no mar
No mar da nosa historia

Fixemos fronte aos temporais
Man con man acorde a acorde
Combatendo coma irmáns

Fixéronnos afundir
Disparando a traizón
A resposta esta canción

Só sabemos avanzar nunha soa dirección
Contracorrente avante sempre
Confiando na paixón dos que tras de nós virán
Pra manter viva a nosa voz

Poñer a vida en proa
Izar as mans, surcar o mar
Libres ao vento
Xuntas seremos furacán
Remar contra corrente
Nunca houbo medo a naufragar
A arder no mar
No mar da nosa historia

Cantando, loitando...

Poñer a vida en proa
Izar as mans, surcar o mar
Libres ao vento
Xuntas seremos furacán
Remar contra corrente
Nunca houbo medo a naufragar
A arder no mar
No mar da nosa
Historia



Credits
Writer(s): Gabriel Reigosa Centelles, Simón Pedro Gonzalez Perez
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link