Intempériome

Vide.
Convídovos ó espectáculo de non ser para ser de todo.
Vide
que vos convido a vos ver.
Vén que te reto
a te ver a ti desde ti en ti.
Hasme oír, hasme oír
Agora busco que conxugues
ben o verbo dos posibles.
E que ti esquezas
esa radio de cousas previas
amarrada sempre aos pensamentos
sempre aos pensamentos.
Incéndiate
á calor da observación.
E repasa logo a ollada
no pouso dos afectos.

Hasme oír, hasme oír
Deixa que te percibas a ti,
que te percibas
tamén ti
atropelada das palabras,
á procura de trazos que nos describan,
que nos describan.
Intempestiva,
serse intempestiva.
E domea-la furia
e domea-la furia
e domea-la furia á procura da froita madura.
Á procura da froita madura.

Vencerse
é cousa de se tratar.
Vencerse
é cousa de se tratar.
Vencerse
é cousa de se tratar.
Vencerse
é cousa de se tratar.
Vencerse
é cousa de se tratar.
Vencerse, vencerse, vencerse.

Vide, que vos convido.



Credits
Writer(s): Xiana Lastra
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link