Interludio 2

Non me gustaban de nena os peluches
e lembran meus pais
que non xoguei moito ás bonecas.
Non me deteño a cociñar
e na química das quimeras
rocei un xeito de delincuencia xuvenil.
Un xénero feminino algo a desmán
das narracións para o ano en que nacín.
E vés ti
agora,
primeiro imaxinado e xa querido,
logo presente
nestes cuartos a diario:
hai posible en ser muller
un privilexio imposible de transferir.



Credits
Writer(s): Xiana Lastra
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link