Diante un Eco

Sinto a realidade
Como faca de pastor
Como soga, como agulla, como dardo.

Sinto a súa verdade
Como axente isolador
Como golpe, como tiro, como estalo.

Sinto a crueldade
Cando atendo ao meu redor
Como ruído, como estrondo, como caos.

Non busco piedade,
Busco un mínimo rubor
Entre o inmundo que nacíu do humano.

Tempo e tempo atrás
Diante, un eco
Un corpo sen mans
E un río seco.

Tempo e tempo atrás
Diante, un eco
Un corpo sen mans
E un río seco'.

Vexo a claridade
Agochada na atención
Como torre, como estela, como faro.

Oio a suavidade
No desgarro do cantor
Como flor, como caricia, como engado.

Sinto a identidade
Rebulir nos meus pulmóns
Como sopro, como brisa, como fado.

Noto a miña idade
Na renuncia á solución
Remitíndome a calquer pasado

Tempo e tempo atrás
Diante, un eco
Un corpo sen mans
E un río seco.

Tempo e tempo atrás
Diante, un eco
Un corpo sen mans
E un río seco

Tempo e tempo atrás
Diante, un eco
Un corpo sen mans
E un río seco

Tempo e tempo atrás
Diante, un eco
Un corpo sen mans
E un río seco

Un corpo sen mans
E un río seco
Un corpo sen mans
E un río seco



Credits
Writer(s): Maria Jose Silvar Fernandez
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link