Gorda

Onde vas?
Camiñando con esa seguridade
Sen pedir permiso xa pra respirar?
Seica vives inxerindo as calorías
Que un día che prohibiron

Pero tanto dan
Os centímetros, espellos mailas dietas
Os cuñados nas comidas no nadal
A opinión de toda a xente que te mira
Cando vas pola vida
Sabendo que vales máis
Que vales máis

Que ti vales máis,
Máis ca ver o sol saír!
Vales máis
Do que che aprenderon a admitir
Non te mintas!
Non te agoches!
Que non te domestiquen
Que contra ti non poden!
Non poden!

Ti que fas?
Camiñando tan soíña pola noite
Sen un macho te que leve
Pra onde vas?
Seica dis que te protexen as amigas
Cando escoitas piropos
Ó pasar un soportal

Os obreiros, aliados, futbolistas,
O xenoma desta clase neanderthal
A opinión de toda a xente que te mira
Cando vas pola vida
Sabendo que vales máis
Que vales máis

Que ti vales máis
Máis ca ver o sol saír!
Vales máis
Do que che aprenderon a admitir
Non te mintas!
Non te agoches!
Que non te domestiquen
Que contra ti non poden!
Non poden!
Non poden!
Non poden!

Dime por que!
Dime por que!
Dime por que!
Dime por que!
Dime por que!
Dime por que!
Dime por que!
Dime por que!

Por que cres que vales máis?

Vales máis
Máis ca ver o sol saír!
Vales máis
Do que che aprenderon a admitir

Non te mintas!
Non te agoches!
Que non te domestiquen
Que contra ti non poden!
Non poden!
Non poden!
Non poden!
Non poden!



Credits
Writer(s): Jose Manuel Rodríguez Gayoso
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link