Non Todo E O Que Parece

Eu coñecinte nun bar cando estabas a bailar
(si, si, coñecichesme nun bar)
Acompañeite ao portal e me invitaches a entrar
(si, si, viñeches ao meu portal)
E logo me abalancei e te biquei con paixón
(e che din un empurrón e no chan te deixei)
Non, non, non todo é o que parece, amigo
Hai que pensalo moi ben
Ai, ai, ás veces mete-la pata, tío
e todo sae ao revés
Inviteite a comer a un restaurante francés
(si, si, invitáchesme a comer)
e gastei un diñeiral e brindamos con champán
(si, si, tomamos moito champán)
E logo quixen probar a suavidá da tua pel
(e eu enriba che tirei a botella de champán)
Non, non, non todo é o que parece, amigo
Hai que pensalo moi ben
Ai, ai, ás veces mete-la pata, tío
E todo sae ao revés
E logo che regalei un perfume de chanel
(e eu ao chan o tirei pois non me gusta ulir ben)
Non, non, non todo é o que parece, amigo
Hai que pensalo moi ben
Ai, ai, ás veces mete-la pata, tío
E todo sae ao revés
Non, non, non todo é o que parece, amigo
Hai que pensalo moi ben
Ai, ai, ás veces mete-la pata, tío
E todo sae ao revés



Credits
Writer(s): Luis Santamarina Rodraguez
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link