A Lavandeira da Noite

Era unha noite de lúa
era une noite clara,
eu pasaba polo río
de volta da muiñada.
Topei unha lavandeira
Que lavaba ó par da iauga.
ela lavaba no río
e unha cántiga cantaba:
- Moza que vés do muíño,
moza que vas póla estrada,
axúdame a retorcer
miña saba lavada.
Desparece a lavandeira
como fumeira espallada.
Onde as sábanas tendera
poza de sangre deixara.
Era unha noite de lúa,
era unha noite clara.



Credits
Writer(s): Traditional
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link