Negra Sombra

Cando penso que te fuches
Negra sombra que ma asombras
Ó pé dos meus cabezales
Tornas facendome mofa

Cando maxino que es ida
No mesmo sol te me amostras
Ti eres a estrela que brila
Ti eres o vento que zoa

Si cantan es ti que cantas
Si choran es ti que choras
Ti es o marmurio do río
Ti es a noite, ti es aurora
En todo estás, e ti es todo
Pra min é en min mesma moras.
Nin me deixaras ti nunca
Sombra que sempre m'asombras.



Credits
Writer(s): Rosalia De Castro, Juan Montes
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link