Salvarei o Mundo

Foi o ano que comprei
unha chaqueta de coiro,
e nas aulas de FP
asociámonos os dous.

Non son fácil de vencer,
non sei por que teño insomnio.
E nos cómics de DC
nunca nada fracasou.

Só me queda berrar kame-hame-ha
para loitar contra o mal
que me fai o teu amor.
Podíanos pasar (tamén caen os avións).
Eu cría naquel bar: era a nosa salvación.

Si, sempre quixen ter algún superpoder para sentirme novo.
Pero non sei sobrevivir se non te teño aquí, na boca do lobo.

Paso tardes no local
e ábrolles a algúns amigos.
Non remite o temporal,
pero temos corazón.

Só me queda aquel riff de Motörhead:
o barrio estoura con el e outra vez penso nos dous.
Ven, imos arriscar cunha sala de actuacións
para a escena underground, e que caian os avións.

Si, sempre quixen ter algún superpoder para mudar o rumbo.
Pero non sei sobrevivir se non te teño aquí para salvar o mundo.



Credits
Writer(s): Alexandre Charlón Cedeira, Lois García Carlín, Miguel Mosqueira Fociños, Roi Vidal Ponte, Samuel Solleiro González
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link