Alan Lomax

Alan Lomax andou por aquí.
Era o ano 52.
Foi á Gudiña e a Ribadavia, pero non coñeceu o amor.
Con sandalias e calcetíns,
preocupado pola tradición,
foi ao Hío e a Soutoxuste, pero non coñeceu o amor.
E todo é moi escuro desde hai algún tempo.
Esas voces que din que non te quero.
Está a alma en pena de Michael
Jackson facendo cola para entrar no inferno.
Ten moito ollo coas psicofonías que din
o que non lle podes dicir
a un estranxeiro.
Alan Lomax andou por aquí e tratárono como a un señor:
probou as luras e os berberechos, pero non coñeceu o amor.
Con sandalias e calcetíns, premía o rec en bañador.
Mil señoras con pandeiretas, pero non coñeceu o amor.
No tocadiscos soa Parole, parole, parole.
Como sería un sábado antes de nacer nós?
Os mozos falanxistas botaban carreiras de sacos.
Cantos fantasmas viven nese magnetofón?
E todo o mundo berra: Que fale, que fale, que fale.
Unha lágrima caeu na area da praia de Riazor.
Son un xoguete roto, xa nunca me poñen na radio.
Teño unha pena grande e vouna cantar para vós.
Contan historias violentas e sórdidas. Avós, avoas, estades aí?
Cos ollos baleiros de Amy Winehouse
e os dentes de ouro de Willy Deville?
Gansta rap,
afrobeat.
Como puidestes escapar sen min?
Unha veciña dixo: Milagre, milagre, milagre.
Saían bolboretas do meu amplificador.
Unha guitarra cutre debaixo da foto de Franco.
Conxuro da queimada, sagrado corazón.
E todo o mundo berra: Que fale, que fale, que fale.
Unha lágrima caeu na area da praia de Riazor.
Son un xoguete roto, xa nunca me poñen na radio.
Teño unha pena grande e vouna cantar para vós.



Credits
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link