Dourado Veleno

Forasteiro que chegaches do mar
Na procura do dourado metal
Con promesas que non pensas cumprir,
Con mentiras que non imos tragar.

E non che importa o que lle poida ocorrer
A esta terra que coidaron meus pais.
Non hai colleita que nos faga vivir
Se con veleno pensas sementar.

Non podo vivir!!
Se estragan esta terra e non deixan nada para min.

Non podo medrar!!
Mentres envelenan a auga e contaminan o ar.

É incrible que te poidas vender
Por un puñado de dólares máis
E que ao teu pobo lle esteas a mentir
Cando é o teu lar o que están a matar.

Pan para hoxe e fame para mañá
Unha lección que deberías lembrar,
E ten coidado non vaias esquecer:
Todo o que sube ten que baixar.

Non podo vivir!!
Se estragan esta terra e non deixan nada para min.

Non podo medrar!!
Mentres envelenan a auga e contaminan o ar.

Non, non podo vivir!!

Non, non podo medrar!!

Credits
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link