Negro azul

Unha bala perdida
Un chisqueiro
Un castelo de naipes
Unha bala perdida
Un chisqueiro
Un castelo de naipes
Unha garza
Ancorada
Unha sombra despegaba

Un recordo
Unha fiestra entreaberta
Un ollar palpitante
Un recordo
Unha fiestra entreaberta
Un ollar palpitante
Prumas brancas
Cal e nácar
A raíña xa voaba

Era a lúa que cortaba
A auga en follas de obsidiana
Era a fouce, un sorriso
No escuro espello reflectido

Óleo negro, xofre e luz
Explosión de chama azul

Óleo negro, xofre e luz
Explosión de chama azul

Un tesouro
De ouro perdido
Esmeraldas, diamantes
Un tesouro
De ouro perdido
Esmeraldas, diamantes
Os zafiros
Habitaban
Nunha ollada despiadada

Era a lúa que cortaba
A auga en follas de obsidiana
Era a fouce un sorriso
No escuro espello reflectido

Óleo negro, xofre e luz
Explosión de chama azul

Óleo negro, xofre e luz
Explosión de chama azul

Óleo negro, xofre e luz
Explosión de chama azul

Óleo negro, xofre e luz
Explosión de chama azul



Credits
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link