Matando a pena

Catro cousas hai no mundo
Que revolven o sentido
Amar e non ser amado
Querer e non ser querido

Téñoche gardado bicos
Pra cando os queiras un día
Se che pasa a tontería
Lévame lonxe contigo

Aí che vai meu corazone
Se o queres matar ben podes
Pero como vas ti dentro
Tamén se o matas ti morres
Aí che vai meu corazone
Se o queres matar ben podes
Pero como vas ti dentro
Tamén se o matas ti morres

Quen sobreviva na Terra
Que cante matando a pena
Que me leven pra outro mundo
Que parezo un vagabundo

Soñarei que estamos xuntos
Nun paraíso perdido
Amareite no pasado
Se o amor aínda está ferido

Aí che vai meu corazone
Se o queres matar ben podes
Pero como vas ti dentro
Tamén se o matas ti morres
Aí che vai meu corazone
Se o queres matar ben podes
Pero como vas ti dentro
Tamén se o matas ti morres

Catro cousas hai no mundo
Que revolven o sentido
Amar e non ser amado
Querer e non ser querido
Vasme dar a despedida
Porque non teño diñeiro
Nin prometín casamento
Nin che vou solucionar a vida

Aí che vai meu corazone
Se o queres matar ben podes
Pero como vas ti dentro
Tamén se o matas ti morres
Aí che vai meu corazone
Se o queres matar ben podes
Pero como vas ti dentro
Tamén se o matas ti morres

Ai la la lá la la lá la Ai la la lá la la lá la
Ai la la lá la la lá la Ai la láaa
Ai la la lá la la lá la Ai la la lá la la lá la
Ai la la lá la la lá la Ai la láaa



Credits
Writer(s): Brais Moran Mato
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link