Saudades

Veñen as noites escuras
Que as durma quen teña sono
Eu pasareinas esperta
Pola ausenza do meu dono
Meu mociño foise lonxe
A gañar pra o casamento
Esté morto ou traballando
Quedou no meu pensamento
(Instrumental)
Dentro do meu peito teño
Unha mostra de marfil
Para che contar as horas
Que pasas lonxe de min
De Lisboa veñen cartas
Contenta co-elas estou
Aínda máis contenta fora
Se vira a quen mas mandou
(Instrumental)
Eu non canto por cantar-e
Nin ganas que delo teña
Que canto por aliviare
O meu corazón en pena
Ai, quen anduriña fora
Anduriña doutra banda
Que ao meu amor un suspiro
No piquiño lle levara
Ai, de saudades vivo!
Eu de saudades morro!
Ai, de saudades vivo!
Eu de saudades morro!
Ai, de saudades vivo!
Eu de saudades morro!
Ai, de saudades vivo!
Eu de saudades morro!
(Instrumental)
Ai, de saudades vivo!
Eu de saudades morro!
Ai, de saudades vivo!
Eu de saudades morro!
Ai, de saudades vivo!
Eu de saudades morro!
Ai, de saudades vivo!
Eu de saudades morro!



Credits
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link