A insurxencia por vir

Non censuramos a nosa mensaxe
Non toleramos tanto intolerante
Hoxe estouramos cun berro xigante
Aquí non se rinde nadie

Lacaio traidor, serve e protexe
Lei de Talión pra quen mata á súa xente
Non hai perdón, o pobo non esquece
Ollo por ollo e dente por dente

Temos lume invicto que prende a barricada
Nace en Beirut, Quito e Via Laietana
No metro de Chile, na foto da miliciana
Cando calar é un crime xa non vale equidistancia

Cando o vello mundo camiña cara a fin
Somos a insurxencia que aínda está por vir

Houbo pedras no camiño e moito infeliz
Pero a esperanza sempre estivo aí
Hai fame, sede, medo e o ceo está máis gris
Pero é o momento de saltar ó ring

Soan as alarmas estamos en camiño oh
A conciencia está calma nun prefacio clandestino
Soan as alarmas, voan adoquins
Insurxencia por vir

Non vale agocharse se pegan ós nosos
Que sempre nos teman neste corpo a corpo
O baile dos rojos é duro e perigoso
Coma un foguete no helicóptero dos Mossos

Privatizan beneficios e pagamos nos as perdas
Iso non o tapan nin farrapos nin bandeiras
Non hai tregua xamais na contenda
Porque vida só hai unha, pero a dignidade é eterna

Desperta xa esta fera e berra nesta guerra que lle espera
Non sopesa as consecuencias cando a paz é cousa etérea
Xa semella unha quimera, sempre en garda, estade alerta
Chega a nósa quenda, queda a veda aberta

Cando o vello mundo camiña cara a fin
Somos a insurxencia que aínda está por vir

Bate neste espello, o tempo frea aquí
Cando o desalento senta canda ti
Hai fame, sede, medo e o ceo está máis gris
Pero é o momento de saltar ó ring

Soan as alarmas, estamos en camiño oh
A conciencia está calma nun prefacio clandestino
Soan as alarmas, voan adoquins
Insurxencia por vir

Pedro Sánchez decía que ofrecía un Ministerio de Juventud
Este tío no se ha enterao' de nada
Si ya tenemos miles y miles de Ministerios de Juventud
Están en las asambleas de los intitutos
Están en los sindicatos
Están en el movimiento feminista, en el movimiento ecologista
En el poder popular están los Ministerios de Juventud

Soan as alarmas, estamos en camiño oh
A conciencia está calma nun prefacio clandestino
Soan as alarmas, voan adoquins
Insurxencia por vir



Credits
Writer(s): Juan Sebastián Pirola Lorenzo, Miguel Garcia Valdeón, Pedro Iglesias Fernandez
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link