Corazóns de Xiz

Corazóns de xiz na parede
Nos teus pulsos imáns que deteñen
As agullas ao xirar
E que o teu tempo fan parar

Caramelos, papeis en cada peto
Contos e ideas en cada caixón
Un mundo xigante
Habitaba no teu corazón (corazón)
Corazón (corazón)

Corazóns de xiz na parede
Papeliños con bicos para sempre
A túa ollada, o teu sorrir
Un espello no que me afundir

E cando marcharán
A tristura e os porqués
Ao me deitar?
O medo a non poderte lembrar?
Este ruído no meu corazón
Ao latexar?

E cando volverán
A alegría e as razóns
Para me espertar?
As lembranzas que en verdades trocarán?
O sosego no meu corazón
Ao latexar? (ao latexar, ao latexar)

Ao latexar (ao latexar)
Ao latexar (ao latexar)
Corazón (ao latexar)
Corazón (ao latexar)
Corazón (ao latexar)
Corazón (ao latexar)

E cando marcharán
A tristura e os porqués
Ao me deitar?
O medo a non poderte lembrar?
Este ruído no meu corazón
Ao latexar?

E cando volverán
A alegría e as razóns
Para me espertar?
As lembranzas que en verdades trocarán?
O sosego no meu corazón
Ao latexar?
Ao latexar
Ao latexar
Ao latexar
Ao latexar



Credits
Writer(s): Andrea Porto Mato
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link