II. Espada Excalibur

Agora vivo e traballo en Mondoñedo
Cunha cruz de paz e amor no peito
Paso a noite toda vendo o baloncesto
Nomes, apelidos, brancos, negros
Mes a mes o campionato vai pasando
E eu só quero que me queiran algo

O momento máis sentido destes anos
A final dos Cavaliers cos Warriors
Xa non hai máis pubs para min
Eu vexo así a noite estrelecida
Teño gin de fin de ano aquí
Para cando veñan as visitas

Mondoñedo é a old school
Mondoñedo é a (old school)
Mondoñedo é a old school
Sempre escravo o corazón
Sempre o corazón escravo

Quen puidera namorala, meu amigo
Levo tanto tempo aquí metido
Este corpo é tan inútil e bonito
Coma un Pentium do noventa e pico

Tinder, Meetic e Badoo
Son a espada Excalibur do amor
Chantada na neve
Non hai homes nin mulleres
Que me dean calor ningún

Mondoñedo, old school
Botarei Vicks Vaporub nos pés
Chantada na neve
Non hai homes nin mulleres
Que me dean calor ningún

Nunca fun moi falador
Chamo pouco por teléfono
I'm Mister Lonely
Cada vez que miro o móbil
Xa se vai poñer o sol

Tinder, Meetic e Badoo
Son a espada Excalibur do amor
Chantada na neve
Non hai homes nin mulleres
Que me dean calor ningún

Mondoñedo, old school
Botarei Vicks Vaporub nos pés
Chantada na neve
Non hai homes nin mulleres
Que me dean calor ningún

Nunca fun moi falador
Chamo pouco por teléfono
I'm Mister Lonely
Cada vez que miro o móbil
Xa se vai poñer o sol



Credits
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link