Non Queda Nada

Xa non teño motivo para quedar, amor
Nin moito tempo que gastar
Nin anos para esperar que me pidas perdón
Nin gana de verte no chan
Eu xa volvín máis forte
De onde ti estás.

Non penses que me danas
Mira, por favor
Nin é cuestión de debater
Nin poño penitencia
Nin son confesor
Nin me pagas por comprender
Aqui nin morres nin matas
Nin tes máis que facer

Existe a opción sempre de non gañar
E hai que previr para non lamentar
Non calculaches ben a posición
De ti non queda nada
Máis que esta canción.

Saúdame na rúa
Mira, se me ves
Que non hai drama que chorar
Non veñas con que entendo todo do revés
Agora é ben deixalo estar
Mellor parar a tempo
Que velo empeorar.

Sabías que picabas alto, corazón
Xa non se estila candidez
Conmigo a verdade é a única opción
O resto é unha estupidez
Mentiches por primeira e última vez.

Existe a opción sempre de non gañar
E hai que previr para non lamentar
Non calculaches ben a posición
De ti non queda nada máis que esta canción.

De ti non queda nada, corazón
De ti non queda nada
De ti non queda nada, corazón.
De ti non queda nada
De ti non queda nada, corazón
De ti non queda nada.
De ti non queda nada, corazón
De ti non queda nada.
De ti non queda nada, corazón
De ti non queda nada.
De ti non queda nada, corazón
De ti non queda nada.
De ti non queda nada, corazón
De ti non queda nada.
De ti non queda nada, corazón
De ti non queda nada.



Credits
Writer(s): Maria Jose Silvar Fernandez
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link