Dúas Anduriñas

Branco amencer, negro espertar
Dende o berce sinto o canto dun xograr
Alumea o día de azul melancolía
E levántome coa dor de quen
Foi para a cama sen saber quen é
Dende a cociña chega un balbordo que me intriga

Dúas Anduriñas entraron no meu fogar
Danzaban baixo o meigallo do pracer carnal
Viñan incendiadas de amor
Voando con suave primor
Deixaban un glauco ronsel de temor

Sobre a mesa inician o ritual
Once mouchos vellos van testificar
Foxen do fastío, mergúllanse no estío
Baballóns con fame de fresca inocencia
Incandescentes, podres de demencia
Derraman ríos de infamantes desvaríos

Dúas Anduriñas entraron en combustión
As lapas axiña inundaron a habitación
O ambiente viciado
O vicio saciado
Fundiron os corpos nun núcleo incendiado

Dúas Anduriñas entraron en combustión
As lapas axiña inundaron a habitación
Sufriron a transformación
Rebentan os seus corazóns
Un fénix florece froito da consumación

Sufriron a transformación
Entregan os seus corazóns
Un fénix florece froito da consumación



Credits
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link