San Roque

Chegou mediados do mes festivo
Data agardada por toda a vila
Que xa comeza a se encher de vida
Por festeiras con ganas de ritmo

A mocidade pon os uniformes
Camisetas con lemas ben pensados
Hai quen se atreve a sair disfrazado
Roupa adecuado para o baño

A que vai caer vai ser dende as varandas
A xente empapada bule cara á baldosa
Pra seguir cantando mentras lle seca a roupa o sol
Rindo e bebendo como a noite anterior

Lembro aquel 15 de agosto con todas as colegas
Irnos para a Tir a ver a toda a xente bébeda
Parellas casuais na zona das palmeiras
A música moi alta, pra que aguantes esperta

Cando sae o sol a festa aínda non remata
Imos cara a praza as doce menos cuarto
Uns chegan sen voz, outros directamente a gatas
Eufóricos cando sae o santo

A que vai caer vai ser dende as varandas
A xente empapada bule cara á baldosa
Pra seguir cantando mentras lle seca a roupa o sol
Rindo e bebendo como a noite anterior

A que vai caer vai ser dende as varandas
A xente empapada bule cara á baldosa
Pra seguir cantando mentras lle seca a roupa o sol
Rindo e bebendo como a noite anterior

A que vai caer vai ser dende as varandas
A xente empapada bule cara á baldosa
Pra seguir cantando mentras lle seca a roupa o sol
Rindo e bebendo como a noite anterior

Rindo e bebendo como a noite anterior

Rindo e bebendo como a noite anterior



Credits
Writer(s): Iñaki Fernández Manteca, Manuel Esperón Parada
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link