Maneo de Cambre

Día de San Roque en Cambre
na capilla do deserto;
de parolar cunha nena
traio o corazón aberto.

Quen me dera non é ter,
quen me dera non é ter.
Quen me dera un vaso d'auga
para che dar de beber.

Se me peta da cabeza
canto de aquí a mañán,
dende o día de San Pedro
ata o día de San Xoán.

Vou a dá-la despedida
por riba dunha cereixa,
agora non canto máis
que o corazón non me deixa.



Credits
Writer(s): Tradicional
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link