Prólogo

Benvido ao mundo no que o centro son eu
Onde o caos é orde e a orde unha ilusión
De apoloxía a insubordinación
A estratexia colectiva, e a revolución
Eu son o rapaz que decidiu calar seu verbo
Porque as voces do final clase creaban nervos
Pero volvín cos anos porque
Son poesía como Lorca, rebelde como Aitor Cuervo
Vivir nun cáliz de xeso montado nun tándem
Que tambalea ao cruzarse coa xente
Exprimindo as ganas antes de retirarme
Porque para quedarme necesito quererme
Pancentrismo son eu que non sei combinarme
Que non sei o meu estilo para arreglarme
Misturando o que me gusta na procura do arte
Xogar coma un neno até o día de marcharme
Eu son quen soña con soar na túa festa
Pero queda na casa durmindo a sesta
Un soñador dunha vintena de anos que
Ao ollos da súa xeración semella ter cincuenta
Isto é un traballo pra que me atopes
Para deixar en letras os suspiros de onte
Meterme no ring con quen me toque
Que non sei pegar pero sei encaixar os golpes
E se un día morro sabrás onde buscarme?
Deixeiche libretas pra que te acordes de min
Psiquiatría de papel para curarme
Que non sae a luz por non volver verme gris
Pero se falo de verde só pensades no vicio
O resto quedou negro por falta de beneficio
O azul do mar tornando branco plástico
Máis por mais que mastico non consigo asimilar
Que me queda un tempo definido
Que por por máis que sexa me parece insuficiente
Hai un par de cousas que nunca digo
Pero desta vez non poderei conterme
Eu non sei quen son e tampouco sei que quero
Eu non sei quen son e tampouco sei que quero
Eu non sei quen son e tampouco sei que quero
E ao final deste disco tampouco ti vas sabelo



Credits
Writer(s): Xavier Simón Montero
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link