Esmorga (feat. Nerea Vázquez)

Amorodo
Nerea
Mr. Mati
Está no mix
Que difícil é dar o primeiro paso
Así que, dareino eu por ti
Hoxe deixei o meu medo ó fracaso
Se está Petrowski á melodía e Amorodo ao mic
Eu que teño?
Nada que perder
Se estaba roto, púxenme a refacer
Sen obxectivos, chegando a fin de mes
Desexando ver este mundo arder
Xa verás
Hoxe non vai ser pero mañá serás
Unha alma ceibe que quere voar
Hoxe non vai ser pero mañá será
Cando o teu tempo chegará
Cóntame as túas penas
Libérate do estrés
Raiba contra o sistema
Contra ti mesma ben
Invéntome problemas
Pero que vou facer
Mellor non toco nada
Polo que poida ser
Mira ben, que non che falte nada
Por ti fágome limpo
Ata farei a cama
Pero é que ti me queres aínda coas miñas taras
Con chandal e camisa e a mesa desordeada
E que me trouxo o tempo?
Preguntas, preguntas
As ganas de vivir a sotavento
Todo o que se me xunta
Todo o que se me xunta
Non me cabe
Hoxe espertei con mood de ir de rave
O fondo dese cubata xa non me sabe
Sabes?
Xa non me sabe
Xa verás
Hoxe non vai ser pero mañá serás
Unha alma ceibe que quere voar
Hoxe non vai ser pero mañá será
Cando o teu tempo chegará
Tamén teño soños en modo espera
Andar nun Panamera
Co meu pana Mera
Que haxa esperanza para quen desespera
E os reis cambiando iate por patera
Esperto as oito
Escribindo diante do PC
Mudou todo moito dende que empecei
Onde se torceu
Eu non o sei
Sei como facelo pero aínda non empecei
Sempre cun papel e cunha paranoia
Tanto ten se estou, en Arnoia ou Coia
Acabo atopando algo pra que me doia
Tampouco son un Xan
Nin un miñaxoia
Fixemos algo grande
Algúns chámanlle hit
Dende o segundo 5
Metichela na playlist
Dende a raia húmida ao centro do país
Como di Nerea?
Todo pra ti
Xa verás
Hoxe non vai ser pero mañá serás
Unha alma ceibe que quere voar
Hoxe non vai ser pero mañá será
Cando o teu tempo chegará



Credits
Writer(s): Xavier Simón
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link