Só ten o corpo memoria

Só ten o corpo memoria
Aparece no acento doutros
Lonxe da casa

Pon a orella
Abre os ollos
Ergue as cellas
E baixa un pouco a cabeza

Aprende o novo sotaque
Como fan as fresas
Que só enchen de sabor
Cando o gume do coitelo
As abre boca arriba
Sacándoas de si mesmas
Para seren máis fresas que nunca

Fai como a carne, que segue namorada
Porque inventa un relato
En cada compás que agarda
Por outra sorpresa

Somos o corpo que non é noso
Pero replica con gozo os toques que sabe
Aqueles que bateron as mans todas
Na madeira dunha mesa
Ou na pel da pandeireta
E pasan polo corazón de novo



Credits
Writer(s): Abe Rábade
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link