A Miña Casiña

Eu, eu quixera ter
Unha casiña ben pretiño da mar.
Eu quixera fumar
Deitado na hamaca mirando pra alá.
Eu quixera pescar a miña comida
Dende o meu sofá.
Eu quixera cociñar
Os meus peixiños na lumbre do meu fogar.
Eu quixera camiñar
Polo monte parriba, silbando silbar.
Eu quixera durmir
Nomeando as estrellas, contando as ondas.
Eu quixera espertar
Cos raios do alba i o cascarexar.
Eu quixera vivir
Coa mente tranquila e poder repousar.
Eu quixera ser vello, eu sería xa abó.
Mais antes de nada,
Denantes de nada tócame vivir.
Vivir pra non sentir a vida fuxir,
Coma un globiño que se escorre das máos
E pérdese no ceo,
E pérdese no ceo,
Mentres chora un neno
Porque xa non volta máis.
Eu, eu quixera ter
Unha casiña ben pretiño da mar.



Credits
Writer(s): Manuel Franco Prieto
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link