Pepa

Escoitade ben atentas
A historia que imos cantar
Dunha nena de Amoedo
Que moito deu que falar

Seu nome Pepiña era
Descoñecido seu pai
Era filla de solteira
Moi mal o ía pasar

Un albeite malicioso
Violou á súa nai
Sendo a nena testemuña
Dese acto criminal

Transcorridos nove meses
Tras un parto esgotador
Falecía a nai da Pepa
Que orfa ese día quedou

A partir dese momento
Moi mala vida levou
Coa súa tia Dorinda
Muller cruel e sen valor

Cando tiña doce anos
As ovellas defendeu
Enfrontándose co lobo
Ate que a morte lle deu

Nunca máis será Pepiña
Grazas ao seu gran valor
Chamaranlle Pepa a Loba
Todo o mundo ao seu redor

A vivir vai co seu tío
Home bo de corazón
Que aparece asasinado
A Pepa a culpa levou!

Acusárona sen probas
E nun xuízo a traizón
Condeárona a pasares
Os seus días en prisión

Anos pasa na cadea
Ata que o día chegou
No que coa roupa do cura
Pepa a Loba escapou

Pepa a Loba escapou
Pepa a Loba escapou
Anos pasa na cadea
Ata que o día chegou

Unha vez se atopa libre
Con Lueiro, o seu can
Vai en busca do asasino
Do seu tío, que é o seu pai

Dálle morte ao malnacido
E unha banda creará
Curas, ricos e caciques
De contado a temerán

Así nace a bandoleira
A xustiza pola man
É odiada por señores
Venerada en todo o val

Venerada en todo o val
Venerada en todo o val
Así nace a bandoleira
A xustiza pola man

A xustiza pola man
A xustiza pola man



Credits
Writer(s): Andrea Porto, Celia Parra, Estela Rodríguez, Inés Mirás, Marcela Porto, Xiana Lastra
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link