Ázido Úriko

Hoxe teño pasta por asuntos varios
Hoxe fun cobrar unha herencia ao notario
Hoxe a discográfica deume os honorarios
Hoxe vendín plancha e media no barrio
Teño pasta e quero gastala
Quedei con Mou, Chicho, Murdock e Jamas
Falta Sokram que foi ver se apañaba
Vou darlle unha chamada a ver onde anda

Ando polas pedras
Arriscando o meu pelexo
Porque este xénero
Fai tempo que non o vexo
Producto fresco, patrimonio da UNESCO
Todo pra o cesto e nada pra o fisco
Asúmolle o risco polo ben da Crew
Hai que alimentala coma o Máxico Boo!

Como papan, como roen
Ata que a musculatura da mandíbula doe
Como papan, como rillan
Teñen un peteiro fino que desbroza o que pillan
Como catan, como oen
Os mellores sumilleres de temazos que molen
Como cantan, como escriben
Só punchlines de cine que te papan como en Viven

Trouxen uns percebes
Que nunca viches ti tal cousa
Eu sei que ti morres por eles
Son o mellor de toda Arousa
Trouxen unhas gambas
Eu sei que son as que querías
Saíronme por unha ganga
Son o mellor de toda a ría

Ácido úrico, ácido úrico, úrico, úrico, úrico, úrico
Ácido úrico, ácido úrico, úrico, úrico, ácido úrico
Ácido úrico, ácido úrico, úrico, úrico, ácido úrico
Ácido úrico, ácido úrico, úrico, úrico, úrico, úrico

Levo no macuto un produto fino
Criminal, material submarino
Nisto do marisco non arrisco un chisco
Cen por cento puro, como manda Cristo
Tan fresco que o levo vivo
Sinte as nécoras falar comigo
Gamba, ameixa, santiaguiño
Percebe..., e un par de palés de albariño

Detectoume o doutor un chisco de gota
Inchoume o pé e xa parece unha pelota
Veña dálle vamos ao que importa
Vou preparala pota para a paparota
Auga do mare salgada e loureiro
O tempo xusto cocendo e po peteiro
Xa debezo xa salibo
Agardo q non traian conxelado nin cativo

Como papan, como roen
Como papan, como roen
Como papan, como roen
Como papan, como roen
Como papan, como roen
Como papan, como roen
Como papan, como roen
Como papan, como roen
Hai que acabar esos percebes
Que aínda quedan as cigalas
Da igual o tempo que nos leve
Aquí non pode quedar nada
Rodan cascas e cabezas
Parece un campo de batalla
Aquí se acaba o que se empeza
Nós non tiramos a toalla



Credits
Writer(s): Cibrán García, Felipe González, Javier Mourón, Julio Negueruela, Manuel Gonzalez, Marcos Couso
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link