Eduardita

Ía pola rúa, nunca se paraba cando algún imbécil
Pasado de raias berraba: "Eduardita"
Ía por Ourense, nunca se agochaba cando
Un policía se lle arrimaba e bisbaba: "Eduardita"
Pero un día Branco Amor estoupou
E dende entón si que nunca máis, nunca máis calou

Berraba: "Envexosos vós! Envexosos vós!
Que eu levo o amor no nome,non sabedes o que é
E danme a min os bicos que finxides non querer
Digo: Envexosos vós!Envexosos vós!"

Sodes uns fascistas bastante amargados
Vendedes ás vosas nais por catro cartos
Tanto me da xa o que andedes berrando
O meu nome sona á noite nos vosos cuartos: "Eduardo, Eduardo, Eduardo"

E digo: Envexosos vós! Envexosos vós!
Que eu levo o amor no nome, non sabedes o que é
E danme a min os bicos que finxides non querer

Merecedes o que tedes, cobizades o que eu vivo
Merecedes o que tedes, cobizades o que eu vivo, digo

Que eu levo o amor no nome, non sabedes o que é
E danme a min os bicos que finxides non querer

Merecedes o que tedes, cobizades o que eu vivo
Merecedes o que tedes, cobizades o que eu vivo
Merecedes o que tedes, cobizades o que eu vivo
Merecedes o que tedes, cobizades o que eu vivo

Digo
Envexosos vós!
Envexosos vós!

Digo
Envexosos vós!
Envexosos vós!



Credits
Writer(s): éric Dopazo
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link