Ó Mar

Sentindo o frío, meu lar no teu sorriso
Sen medo, deixando o mundo ás túas costas
E ver saír o sol medrar, luitando á escuridade
E poder ser quen ouza o vento no teu ventre outra vez
Con raiba, sabendo que matan aos teus fillos
Os nosos, perdendo a vida nas túas noites
Serea que choras, lamentas con loito
Os homes non chegan máis alá da morte
Xurando unha viaxe eterna, sen sabelo ao embarcar
E nunca máis voltar a terra ou saber onde estarán
Bágoas alleas no espigón, tentando divisarvos
Perdendo os folgos, non as forzas. Nunca deixar de ollar
Que dura é a espera. Corazón afogado, non fuxe a idea
Nunca máis
Se a noite é longa e o ceo non quenta
Virémonos ver á costa, esperando
Se a noite é longa e o ceo non quenta
Viremos brindar na costa, para sempre



Credits
Writer(s): Aida Otero Fernández, Rodrigo Blas Alonso
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link