Amigo

No día do patrón volverei soñar contigo
Cando monte eu só no saltón e nos cochitos
Aínda teño as caixas con todos os teus discos
E debaixo da alma un cemiterio indio

E a xente é tan imbécil, pero a xente somos
Ti mais eu
E a xente moito fala, pero a xente somos
Ti mais eu
E a xente non as pensa, pero a xente somos
Ti mais eu
E a xente dáme noxo, pero a xente somos
Ti mais eu

Osiños, gominolas
A forma de bailar de papá nas vodas
As festas de disfraces
E a túa risa frouxa

Xigantes, cabezudos
Ese xesto raro de pechar os puños
Se o único xigante
Somos ti mais eu

Alma
Todos en corpo e
Alma
Noutro San Cosme
Alma
Litros de Monster
Calma
Hai karaoke
Alma
Moito me doe
Alma
Ata Feijoo ten
Alma
Soño que volves

Fantasmas do pasado
A canción "Amigo" de Roberto Carlos
Vivimos na outra parte
Do imperio dos xeados

Xigantes, cabezudos
Canto vai durar este minuto?
Se o único xigante
Somos ti e mais eu



Credits
Writer(s): Ataque Escampe
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link