Meu Sol

Hai soños que non teñen cor,
Mirada fráxil e sutil
Despois de tanto tempo a escuras
Intento fuxir
Mañán será un día mellor
Despois dun longo inverno gris
Camiño nesta noite espida
E penso en ti

Todo está mellor, todo está mellor,
Agora o mundo canta unha nova canción.

E despois de tanto tempo
Non fai frío nin teño medo
Agora sae o sol, agora sae o sol
E despois de tanto tempo
Atopei máis luz no ceo
Todo está mellor e sae o sol

A vida ten outro sabor,
Un sabor parecido a ti
Xeado nos teus beizos
Lúa para non durmir
Escoito sempre a túa voz,
Refuxio para resistir
Cantando baixo a choiva
Sen parar de rir

Todo está mellor, todo está mellor
agora o mundo canta unha nova canción

E despois de tanto tempo
Non fai frío nin teño medo
Agora sae o sol, agora sae o sol
E despois de tanto tempo
Atopei máis luz no ceo
Todo está mellor e sae o sol

Necesito saber
Por canto tempo
Necesito pensalo
Un pouco menos
Necesítote
Necesítote a ti
e nada máis



Credits
Writer(s): Alejandro Gonzalez Castro, Rodrigo Ramos Gonzalez
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link