Edimburgo (feat. Cousxs)

Lástima que sexa todo certo
Tratarei de conservar o feito
Irei por ti

A capital recórdame ó noso cénit
Percorrer o Franco a pé
E sentar nas escaleiras da Quintana

No Algarve pateamos un senfín
O teu corpo sabe a sal
E a noite cae enriba da cervexa fría

En Baleares non recordo moito máis
Que perderme no teu pelo
E tamén daquel enfado que se collera o meu pai

Irei por ti
De Compostela a Edimburgo e vereite
Representada na risa da xente
De Compostela a Edimburgo
E ti bailando sen prisa

Creo en ti e en ninguén máis
Camiño firme, sen parar
Cando fomos xa a todos os lados
Aínda semella que sigues ao meu lado

Sei que si dou só un paso atrás
E recordo momentos que me fan voar
Os sorrisos e os bailes que che quixen dar
Dende Muros á Costa da Morte

Irei por ti
De Compostela a Edimburgo e vereite
Representada na risa da xente
De Compostela a Edimburgo

E ti bailando sen prisa en París
E ti bailando sen prisa en París
E ti bailando sen prisa



Credits
Writer(s): Capital Voskov
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link