A onda que esperta

Un día soñei
Con coñecelo mar
E os seus segredos
Montar nunha balea azul
E cruzar o ceo
Quero escoitar historias
Sobre fadas e sereas
Enredarme no seu cabelo
E perderme entre
Os seus cantares

Ei velaí está!
É a onda
Que esperta

Puxen a cinta a grabar
Dende o primeiro minuto
O filme comezouse a rodar
Baixo unha tarde de agosto
A noite acurtouse
Non quero velos créditos pasar
Sei que isto remata
E a casette xa se detén

Ei velaí está!
É a onda
Que esperta

Deixamos os nosos recordos
Debuxados na area
E só o saben a auga e os bosques

Ei velaí está!
É a onda
Que esperta



Credits
Writer(s): Miguel Ramudo
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link