O Tempo

Boas, eu son o tempo
E queríate contar
Son veloz e mentireiro
Nunca vou cara atrás
Vou deixándote momentos
Nos malos vou estar mais
Deixaréite sen alento
Muitas veces e a final
Eu son o tempo que pasou
Son o tempo que virá, ou nom
Tamén son co que estás
Vive ou arrepentirás

Vive, deixa os lamentos marchar
Cada intre de min que se vai, nom voltará
Vivé, se estou tamén estás
Cada anaco de min que se vai, vai contar

Canto vou estar nom sabes
Cando te vou deixar nom sabes
Pero si sabes que agora estou
Abrázame coma sabes, saboreame suave
Estou eiquí, son todo para ti

Vive, deixa os lamentos marchar
Cada intre de min que se vai, nom voltará
Vivé, se estou tamén estás
Cada anaco de min que se vai, vai contar

Se paso nom volvo, se paso nom volvo
Se paso nom volvo, nom hai volta atrás
Se paso nom volvo, se paso nom volvo
Se paso nom volvo, endexamáis

Companheiro dende o berce
Companheiro ata o final
Facemos caminho xuntos
No nicho imos separar



Credits
Writer(s): Residuos Do Sistema
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link