Ouveo

Ouveo
Ouveo
Ouveo
Ouveo

Ouveo
Ouveo
Ouveo
Ouveo

As túas pisadas guían
Nun día de neve cru
A túa pelaxe é o abrigo
Os día que sinto frío
Ulo aquilo que ti ules
Dasme o control do perigo

Quero pensar que cabalgas o mar
Que bradas ao ceo o meu nome
Que nas noites vixías e coidas de min
E que segues comigo ao meu pé

Na brétema deste bosque escoitei
O teu ouveo silente buscándome
E unha danza ancestral anunciaba
A túa volta á miña vida, ao meu ser

Para min ti xamáis vas deixar de ser
Pero non teño como fuxir
E buscarte e sentirte comigo aquí
E pídolle axuda á lúa

Todo segue do revés
De revolta contra o mundo
Xa só quero velo arder
E que volvas por un segundo
E respiro outra vez
Sen pensalo porque sufro
Para que seguir en pé
Se xa non estamos xuntos

Oín o teu ouveo
Vinte remexer
Todas esas ramas
Buscando a miña pel



Credits
Writer(s): Anxela Baltar Farre, Violeta Mosquera Blanco
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link