O soño
Tiven este soño no que estabamos os dous
O sol brillaba, o ceo azul e algunha nube branca
Estabamos de pé nunha superficie cadrada
De madeira ao redor de nós só había auga
Non había olas nin corrente, estaba plana
Como o salar de Uyuni, mais sabendo que afondaba
E non había probas, tampouco as necesitaba
De aquí ao ceo e aquí ao fondo habería a mesma distancia
O espazo era tan grande que nin o eco rebotaba
Entón ti sinalaches co dedo pa que mirara
De pronto o horizonte era un muro de montañas
Como as que estaban no disco de Kanye, de portada
E aínda que nunca estivemos, dixemos que iso era Islandia
As cimas non se vían porque eran demasiado altas
Dalgunha forma daba a sensación de que se estaban achegando
Paso a paso e non facías nada
Parei de mirarte e estabamos nunha praia
Centos de persoas soas á mesma distancia
Todas descalzas caladas de pé mirando ás montañas
Notei o auga nos pés e notábase tan fráxil
E agora o muro era un tsunami
E estabamos tan tranquilos
Porque algo tan perigoso
Non podía ser tan bonito
E nin sequera nos movimos
(Leitmotif 1 para quen inda non se catara)
(Leitmotif 2)

Credits
Writer(s): Fernando Sánchez
Lyrics powered by www.musixmatch.com
Link
© 2024 All rights reserved. Rockol.com S.r.l. Website image policy
Rockol
- Rockol only uses images and photos made available for promotional purposes (“for press use”) by record companies, artist managements and p.r. agencies.
- Said images are used to exert a right to report and a finality of the criticism, in a degraded mode compliant to copyright laws, and exclusively inclosed in our own informative content.
- Only non-exclusive images addressed to newspaper use and, in general, copyright-free are accepted.
- Live photos are published when licensed by photographers whose copyright is quoted.
- Rockol is available to pay the right holder a fair fee should a published image’s author be unknown at the time of publishing.
Feedback
Please immediately report the presence of images possibly not compliant with the above cases so as to quickly verify an improper use: where confirmed, we would immediately proceed to their removal.