Foraxido

Callos nas mans
Lama nos zapatos
E a alma nos pés
Un día si e outro tamén

Sínteste escravo
Dun sistema
Do que non podes fuxir
Traballas pra sobrevivir

Esta peregrinaxe
Acumulando carraxe
Non semella rematar
E isto poode rebentar

Hoxe vou empezar a tiros
Botarme ao monte, facerme foraxido pero
Non quero seguir neste lugar
E hai quen me di que non pasa nada
Que non choveu que non escampara, pero
A paciencia empézase a esgotar
E isto pode rematar moi mal

Cambiouche o conto
Dende que eras só un neno
Prometéranche un futuro
Se ías polo rego

Se non nos dás problemas
Se es parte do sistema
Tratarémosche moi ben
Iso che fixeron crer

Fai sempre o correcto
Sé un home de proveito
De proveito para quen?
Gustaríame saber

Hoxe vou empezar a tiros
Botarme ao monte, facerme foraxido pero
Non quero seguir neste lugar
E hai quen me di que non pasa nada
Que non choveu que non escampara, pero
A paciencia empézase a esgotar
E isto pode rematar moi mal

Hoxe vou empezar a tiros
Botarme ao monte, facerme foraxido pero
Non quero seguir neste lugar
E hai quen di Diego non pasa nada
Que nunca choveu que non escampara, pero
A paciencia empézase a esgotar
E isto pode rematar moi mal



Credits
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link