Se Cadra

Se cadra non falei,
se cadra estaba triste,
se cadra é que mentín
ou ti te confundiches.

Non asina quen son
todo o que aseguraba,
voltei a non saber,
outra vez non sei nada.

E cando pola fiestra os meus ollos miran
e no medio do monte se ven perdidos,
canto polos que choran as despedidas
e choro polos que viven arrepentidos.

E agora que aprendín que todo se paga,
que non comulga coa inocencia esta vida,
choro polos que viven arrepentidos
e canto polos que choran as despedidas

Esquecín se a razón
fixo acto de presenza,
máis hoxe hai un porqué
onde houbo indiferenza.

Medo de non saber
como dicer verdades,
como chegar a ser
un pasado agradábel



Credits
Writer(s): Maria Jose Silvar Fernandez
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link