Alalá da Noite

Eu non sabía que había
tanta alegría nas bágoas
nin neve nas bidueiras
nin esperanza nas mágoas.

Eu de noite iría de noite,
no medio do temporal.
Ir de día á luz do día
dáme medo, miña nai.

No fondo do teu ollare
unha gamela abanea.
Quen se poidera afogare
na ardora dunha misteira.

O que eu soño é verdade
como o silencio é un falare.
Se roubei o teu retrato
foi pra aprender a mirare.



Credits
Writer(s): Xaquin Lopez Farina, Anxo Lois Garcia Pintos, Isaac Palacin Losada, Santiago Cribeiro Galego, Guillerme Fernandez Garcia, J Enrique Comesana Pedreira, Javier Diaz Carro, Manuel Rivas Barros
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link