Voa Soa

E o vento zoa, e o tempo voa
No ceo troa, o clima aboa, non quedo soa
Se a corda toa, a nota soa
Afeita a vivir á toa, non hai ren que me doa
Sego na mesma zoa, chegando ben aloa
U-lo sentir de noso que endexamais se amoa?
A miña verba é rixa como unha podoa
E cada verba é rixa, e esa si que é boa
Eu non me dobro meu, son todo unha baroa
Tenho cenmil cancións e cada unha me loa
E sempre sego coa, de ser algo máis boa
Escrevo cada dia, iso me fai persoa
Escuitas ese boom, sabes que é cousa boa
E bates coa cabeza iso é porque te soa
Deixa que o son te toque, este son que se entoa
Este son que te quece, este son que te ensoa
Som verbas que fuxen no ar
Unhas que berran e outras que non queren soar
E a imaxinación é a que quere voar
E soa voa, e voa voa soa
Som verbas que fuxen no ar
Unhas que berran e outras que non queren soar
E a imaxinación é a que quere voar
E soa voa, e voa voa soa
Irei alén se fico soa, a agulla do reloxo voa
O tempo non perdoa, xa
A luz do cuarto aluma coma a eoa
E ainda que o dia medre, esta canción anoa
Será que agora as horas se amontoan
Que o palpexar da agulla dos segundos non perdoa
E ti perdoa, alanza a noite toda
E fico soa soa, soa soa soa
A cidade é incolora
E para ouvirme eu preciso desta faloa
Estou de noraboa, e inspirar me inspiro soa
Mirando aí fora, ollando ese cor cardoa
Son bágoas de suor con ese ton baio
E non me raio, son coma gotas de orballo
Deixo a consciencia núa sobre esta folla
Pra que quen me oa, xa non hai chaga que me doa
Som verbas que fuxen no ar
Unhas que berran e outras que nom querem soar
E a imaxinación é a que quere voar
E soa voa, e voa voa soa
Som verbas que fuxen no ar
Unhas que berran e outras que nom querem soar
E a imaxinación é a que quere voar
E soa voa, e voa voa soa
Som verbas que fuxen no ar
Unhas que berran e outras que nom querem soar
E a imaxinación é a que quere voar
E soa voa, e voa voa soa
Som verbas que fuxen no ar
Unhas que berran e outras que nom querem soar
E a imaxinación é a que quere voar
E soa voa, e voa voa soa



Credits
Writer(s): Aida Alonso Iglesias, Camilo Blanco Pampin
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link