A vitoria

Humana como son
crin na vitoria
como cre
unha nena na festa da parroquia.

Queimei a pel no verán,
foi un momento nada máis.
Que merda de memoria.

Non vou facer nunca máis por estar triste,
e ti vaille chorar os vellos tempos
a outra mona, hai a quen si lle divirte.

Eu seguirei bailando en setembro.
En setembro.
Lucirei toda de festa por dentro,
por fóra os vaqueiros vellos.
Podiades vir cantar á miña casa.
Eu son unha orquestra das de antes e o resto esquézoo:
como esquezo o amor,
se non o quero,
esquezo o desemprego.
Esquezo o desemprego.

Lucirei toda de festa por dentro,
por fóra os vaqueiros vellos.
Podiades vir cantar á miña casa.
Eu son unha orquestra das de antes e o resto esquézoo:

Como esquezo o amor
que me abandona,
eu así me rebelo.
Eu así me rebelo.



Credits
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link