Alborada

Vaite noite vai fuxindo Vente aurora vente abrindo
co teu rostro que sorrindo a sombra espanta!!!

Canta, paxariño canta
de ponliña en ponla, que o sol se levanta
polo monte verde, polo verde monte
alegrando as herbas, alegrando as fontes!...

Canta, paxariño alegre,
Canta! Canta, porque o millo medre,
Canta! porque a luz te escoite,
Canta! Canta que fuxiu a noite.

Noite escura
Logo ven e moito dura
co seu manto de tristura,
con meigallos e temores,
agoreira de dolores,
agarimo de pesares,
cubridora en todo mal,
sal!...

Que a auroriña o ceo colora
cuns árbores que namora,
cun sembrante de ouro e prata
teñidiño de escarlata.
Cuns vestidos de diamante
que lle borda o sol amante
antre as ondas de cristal.
Sal! Señora en todo mal,
que o sol xa brilla nas cunchiñas do areal.
que a luz do día viste a terra de alegría,
que o sol derrete con amor a escarcha fría.

Sal! Señora en todo mal,
que o sol xa brilla nas cunchiñas do areal.
que a luz do día viste a terra de alegría,
que o sol derrete con amor a escarcha fría.

Branca aurora ven chegando
ás portiñas van chamando
dos que dormen esperando o teu fulgor!...

Canta, paxariño canta
de poliña en pola, que o sol se levanta
polo monte verde, polo verde monte
alegrando as herbas, alegrando as fontes!...

Cantor dos airesn paxariño alegre,
canta, canta porque o millo medre.

Cantor da aurora, alegre namorado,
as meniñas dislle que xa sal o sol dourado;
que o gaiteiro,
ben lavado,
ben vestido,
ben peiteado,
da gaitiña acompañado á porta está!
Xa!...
Se espricando
esprica que te esprica
repenica, repenica
na alborada ben amada
das meniñas cantadeiras,
bailadoras, rebuldeiras;
das velliñas alegriñas,
das que saben ben ruar.

Arriba todas, rapaciñas do lugar!,
que o sol i a aurora xa nos vén a espertar.
Arriba! Arriba, toleirona mocidad!,
que atruxaremos cantaremolo alalá!!!.

Arriba todas, rapaciñas do lugar!,
que o sol i a aurora xa nos vén a espertar.
Arriba! Arriba, toleirona mocidad!,
que atruxaremos cantaremolo alalá!!!.

Arriba todas, rapaciñas do lugar!,
que o sol i a aurora xa nos vén a espertar.
Arriba! Arriba, toleirona mocidad!,
que atruxaremos cantaremolo alalá!!!.

Arriba todas, rapaciñas do lugar!,
que o sol i a aurora xa nos vén a espertar.
Arriba! Arriba, toleirona mocidad!,
que atruxaremos cantaremolo alalá!!!.



Credits
Writer(s): Sergio Vianna, Maria Dominguez Senlle
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link