Castellanos de Castilla...

Cando foi, iba sorrindo
Cando veu, viña morrendo
A luciña dos meus ollos
O amantiño do meu peito
Aquel máis que neve branco
Aquel de douzuras cheio
Aquel por quen eu vivía
E sen quen vivir non quero
Foi a Castilla por pan
E saramagos lle deron
Déronlle fel por bebida
Peniñas por alimento
Déronlle, en fin, canto amargo
Ten a vida no seu seo
¡Castellanos, castellanos
Tendes corazón de ferro!
¡Ai!, no meu corazonciño
Xa non pode haber contento
Que está de dolor ferido
Que está de loito cuberto
Morreu aquel que eu quería
E para min non hai consuelo
So hai para min, Castilla
A mala lei que che teño
Permita Deus, castellanos
Castellanos que aborrezo
Que antes os gallegos morran
Que ir a pedirvos sustento
Pois tan mal corazón tendes
Secos fillos do deserto
Que se amargo pan vos ganan
Dádesllo envolto en veneno

¡Castellanos de Castilla
Tratade ben ós gallegos
Cando van, van coma rosas
Cando vén, vén coma negros!
¡Castellanos de Castilla
Tratade ben ós gallegos
Cando van, van coma rosas
Cando vén, vén coma negros!

Aló van, malpocadiños
Todos de esperanzas cheois
E volven, ¡ai!, sen ventura
Con un caudal de desprezos
Van probes e tornan probes
Van sans e tornan enfermos
Que anque eles son coma rosas
Tratádelos como negros
¡Castellanos de Castilla
Tendes corazón de aceiro
Alma coma as penas dura
E sen entrañas o peito
En tros de palla sentados
Sen fundamentos, soberbos
Pensas que os nosos filliños
Para servirvos naceron
E nunca tan torpe idea
Tan criminal pensamento
Coubo en máis fatuas cabezas
Ni en máis fatuos sentimentos
Que Castilla e Castellanos
Todos nun montón, a eito
Non valen o que unha herbiña
Destes nosos campos frescos
Só pezoñosas charcas
Detidas no ardente suelo
Tes, Castilla, que humedezan
Eses teus labios sedentos
Que o mar deixoute olvidada
E lonxe de ti correron
As brandas augas que traen
De plantas sen semilleiros

¡Castellanos de Castilla
Tratade ben ós gallegos
Cando van, van coma rosas
Cando vén, vén coma negros!
¡Castellanos de Castilla
Tratade ben ós gallegos
Cando van, van coma rosas
Cando vén, vén coma negros!

Nin árbores que che den sombra
Nin sombra que preste alento
Llanura e sempre llanura
Deserto e sempre deserto
Esto che tocou, coitada
Por herencia no universo
¡miserable fanfarrona!
Triste herencia foi por certo
En verda' non hai, Castilla
Nada coma ti tan feio
Que aínda mellor que Castilla
Valera dicir inferno
¿Por que aló foches, meu ben?
¡Nunca tal houberas feito!
¡Trocar campiños floridos
Por tristes campos sen rego!
¡Trocar tan claras fontiñas
Ríos tan murmuradeiros
Por seco polbo que nunca
Mollan as bágoas do ceo!
Mais, ¡ai!, de onda min te fuches
Sen dó do meu sentimento
E aló a vida che quitaron
Aló a mortiña che deron
Morriches, meu queridiño
E para min non hai consuelo
Que onde antes te vía, agora
Xa solo unta tomba vexo
Triste como a mesma noite
Farto de dolor o peito
Pídolle a Dios que me mate
Porque xa vivir non quero

¡Castellanos de Castilla
Tratade ben ós gallegos
Cando van, van coma rosas
Cando vén, vén coma negros!
¡Castellanos de Castilla
Tratade ben ós gallegos
Cando van, van coma rosas
Cando vén, vén coma negros!



Credits
Writer(s): Aíd, Rosalía De Castro
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link