Covas No Chan

Eu teño cinco xustillos
Cinco teño emballenados
Tamén teño cinco amores
Catro viven engañados

Non quero zapato baixo
Que se me enterra na area
Non quero amores de lonxe
Que os teño na miña aldea

Válame Dios, meu amore
Sempre ves cando peneiro
Se viñeras cando amaso
Daríache un bolo enteiro

Os meus ollos ao chorar
Fixeron covas no chan
Cousa que os teus non fixeron
Nin de seguro farán
Os meus ollos ao chorar
Fixeron covas no chan
Cousa que os teus non fixeron
Nin de seguro farán

Non hai cantiga no mundo
Que non teña o seu refrán
Nunca ninguén faga contas
Se non do que ten na man

Teño un amor que me quere
Outro que me da diñeiro
Outro que me desengaña
Este si que é verdadeiro

Salgueiro prende de ponla
Ameneiro de raíz
Amores que foron doutra
Non servides para min

Os meus ollos ao chorar
Fixeron covas no chan
Cousa que os teus non fixeron
Nin de seguro farán
Os meus ollos ao chorar
Fixeron covas no chan
Cousa que os teus non fixeron
Nin de seguro farán

Os meus ollos ao chorar
Fixeron covas no chan
Cousa que os teus non fixeron
Nin de seguro farán
Os meus ollos ao chorar
Fixeron covas no chan
Cousa que os teus non fixeron
Nin de seguro farán



Credits
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link