Outono

Mira de esguello o bico que voou sen ter perdón,
é unha verba morna que alumeou unha ilusión.

Non tiven tempo de darche novas de aquí, do meu lagar.
Décheslle a man ao demo sen mirar atrás, non de vagar.

Agora que te fuches xa non hai fumes, follas de té.
Fixen un longo camiño para non perderme no mesmo outra vez.

Teño gran amizade co vento e coas nubes,
lúa e solpor.
Non baixo moito á cidade,
a xente non sae, so hai temor.

Sei que marchar foi doado,
so eras tí e ninguén máis,
acharemos a maneira,
de voltar á vida e non lembrar
que cando nos atopemos, será xa noite, frío nos pés.
Arranxaremos ó mundo, ata o próximo outono outra vez.



Credits
Writer(s): álvaro álvarez Rivera, Arcadio Novóa, Daniel Alonso, Druso Losada Pedrouzo, Jaime Mateo, Raúl Diz
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link