Acto I: O Fío Vermello

Vivo está o orgullo do noso pasado
No digno alegato dos oito en Chicago
Mil veces caímos, mil que nos alzamos
París cheo de sangue ao final dese maio
Ensaios dun tolo que a un pobo alumean
A esencia do Estado obreiro e campesiño
A folga en Berlín sen tregua que berra
Que elas son donas do propio destino
Non fica no olvido a Brigada Lincoln
A Unión en Asturies entre o grisú
Gayoso e Seoane que adican na cela
Un escrito a quen teima pese a cada obús
Milicias senlleiras dan guerra na fronte
Ao fascismo que acaba asinando a súa esquela
As estrelas acubillan ás Bruxas da Noite
Bandeiras vermellas conquistan o Reichstag
Chinesas que cultivan entre os campos a xustiza
A afouteza clandestina que transmite a Pirenaica
A contenda de Corea fronte a besta imperialista
Mussolini pendurado pola forza partisana
Batista derrocado por unha guerrilla armada
Viaxes solidarias no diario de Guevara
O heroico da toma ao cuartel da Moncada
Un novo espertar entrando na Habana

Lembrar, honrar, todo por conquistar
É polas que foron, as que son e as que serán
O motor da historia, o empurrar popular
Lembrar, honrar, nas nosas vidas
Golpes, caídas, desaparecidas
Lembramos o nome de toda heroína
Lembrar, honrar e nunca desistir
En Moscú, en Berlín, na defensa de Madrid
Librouse a batalla que nos trouxo ata aquí
Lembrar, honrar, sen tempo que agardar
Rachando as cadeas, un mundo por gañar
Xuntando camiños na vitoria final

Tempos complicados tamén na Guerra Fría
Potencias mundiais xogando a ser espías
Ditadores colocados pola CIA
Chicago Boys destrozando economías
O cóndor controla as nosas aldeas
Mais non se decata da nosa afouteza
Simone de Beauvoir con novas ideas
Sacade da cadea a Nelson Mandela
Pantera Negra reclama liberdade
Picasso pintando no lenzo a Masacre
Vietnam que resiste ataques do xigante
Dos que financiaron a Osama Bin Laden
Nin tanto mantra, nin tanto monta
Mentiras do PSOE cando di que non á OTAN
E Pablo Escobar facendo negocio
Coa vida do pobo que segue na loita
Non digas que no Estado foi modelo a Transición
Corenta anos despois aínda temos represión
Modelo son as folgas das mineiras do carbón
Modelo é Stonewall vencendo á opresión
Modelo é Portugal, que crea un novo abril
Estudantes consecuentes arrincando adoquíns
A revolta cubana de Vilma Espín
O muro antifeixista de Berlín

Lembrar, honrar, todo por conquistar
É polas que foron, as que son e as que serán
O motor da historia, o empurrar popular
Lembrar, honrar, nas nosas vidas
Golpes, caídas, desaparecidas
Lembramos o nome de toda heroína
Lembrar, honrar e nunca desistir
En Moscú, en Berlín, na defensa de Madrid
Librouse a batalla que nos trouxo ata aquí
Lembrar, honrar, sen tempo que agardar
Rachando as cadeas, un mundo por gañar
Xuntando camiños na vitoria final

Nacimos nos escombros dun mundo sen muro
Matar a Gorbachov invádeme de apuros
Disolver á URSS non merece honra algunha
Yeltsin, bailarei na túa tumba
Fillas dos 90, do conto da infamia
Vimos a Latinoamérica xurdir da rabia
Xaneiro en Chiapas pra chegar a Venezuela
Chávez ergueunos desta noite en vela
Veña, que o imperialismo non descansa
Primeiro Afganistán, despois foron por Irak
E de postre, as Torres Xemelgas
Bush celebra a morte de miles de obreiras
A guerra como arma dun sistema en crise
Durmindo nas prazas soñando imposibles
Contra ao capital nas folgas xerais
Loitamos nas praias, berrando Nunca Máis
Mais tampouco tragamos con toda rebelión
Ou con Al Assad, ou co DAESH, cabrón
Prefiro a Gadafi que a primaveira ianqui
Sei que en Ucrania hai un goberno nazi
Sen resignarnos lanzamos a ofensiva
Fóra Temer do Brazil, fóra Macri da Arxentina
Dando a cara, resoltas a vencer
Porque de nós depende "A insurreción", o "Que facer?"

Lembrar, honrar, todo por conquistar
É polas que foron, as que son e as que serán
O motor da historia, o empurrar popular
Lembrar, honrar, nas nosas vidas
Golpes, caídas, desaparecidas
Lembramos o nome de toda heroína
Lembrar, honrar e nunca desistir
En Moscú, en Berlín, na defensa de Madrid
Librouse a batalla que nos trouxo ata aquí
Lembrar, honrar, sen tempo que agardar
Rachando as cadeas, un mundo por gañar
Xuntando camiños na vitoria final



Credits
Writer(s): Juan Pirola, Miguel Garcia, Pedro Iglesias
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link