Acto III: Que Facer?

Revolta en cada rúa, nas fábricas e escolas
Pechemos ben as filas pra ser unha soa forza
Tensaron moito a corda, isto non ten volta
Como a loita do Potemkin empurrada polas ondas
A razón que trona, que nos guía ata a fin
Teño gravada baixo a pel cada Tese de abril
Non quero zar nin rei, nin tampouco resistir
Quero a toma do poder pra conquistar outro porvir
Non deamos descanso a banqueiros nin empresarios
Tampouco ao Estado asasino de Santiago Maldonado
Que as escravas e escravos son quen fabrican os cravos
Eles fan o cadaleito, nós imos apuntalalo
Borrando o seu sorriso pra velos tremer de medo
Soviets e sindicatos creando poder obreiro
Paso a paso a lume lento temperando o aceiro
100 anos despois vai tremer o mundo enteiro

Son cen anos xa e moitos máis virán
Seguimos en pé de guerra pola paz, o pan e a terra
Tecendo loitas con afectos no fío vermello
Que percorre a historia no camiño ata a vitoria

Entre tanta violencia, con este cheiro a napalm
Fagamos do presente unha nova esperanza
Situación de emerxencia, loita de vangarda
Gardemos todo o futuro nunha tabula rasa
Ezetaerre na casa que berra nunca máis
Defendendo terra e monte coa máscara antigás
Tendo en conta que na vida xa non hai volta atrás
Que o noso capital está nas propias mans
Rimas feitas polo pobo e para o pobo
No meu bando non hai sitio para fobias nin bobos
Só para tolas e tolos nesta boca do lobo
Que sexan o xermolo doutro mundo novo
Nos coidados e no apoio temos a afouteza
Para gañar esta vitoria ao seu sometemento
Agardade ese momento, seguide na certeza
De que máis cedo que tarde rodarán as súas cabezas

Son cen anos xa e moitos máis virán
Seguimos en pé de guerra pola paz, o pan e a terra
Tecendo loitas con afectos no fío vermello
Que percorre a historia no camiño ata a vitoria

Inquedanzas, quimeras, pura autodefensa
O mellor do mundo novo está nesta trincheira
Xa vivín con comunistas dos cinco continentes
Aprendín das amarguras e chorei polas ausentes
Sempre na mente a dor da xente
Senón deixa paso á seguinte valente
A Milagro Sala, a Juana Rivas
Aquí hai dous bandos, non diferentes perspectivas
Non esquezo aos Mossos golpeando compañeiros
Fala catalán, pero Trapero é un madero
Organicemos as filas contra o réxime do 78
Nós non queremos un trozo do biscoito
Ler máis, máis firmeza na acción
A clase obreira tomando o timón
Contra a Unión Europea, a OTAN e o IBEX
Programa mínimo, ruptura e proceso constituínte

Son cen anos xa e moitos máis virán
Seguimos en pé de guerra pola paz, o pan e a terra
Tecendo loitas con afectos no fío vermello
Que percorre a historia no camiño ata a vitoria



Credits
Lyrics powered by www.musixmatch.com

Link